Próximas Probas:


  • SUBIDA A OIA
          25 e 26 de abril
          Mais informacion en   http://subida-oia.wix.com/subidaoia

  • 1º SLALOM REAL VILA DE NEDA
          26 de Abril

          16 e 17 de Maio  https://www.facebook.com/escuderia.pontenova
         
  • LXXII AUTOCROS DE ARTEIXO (Campionato galego)
          16 de Maio http://www.autocrossarteixo.com/

  • RALIMIX MELIDE
          Foi aplazado para nova data
          Mais información www.ralidococido.com

Pilotos Surco na subida a Oia e Slalom Neda :

Tres pilotos da Escudería  Surco participarán  este fin de semana na 8 Subida a Oia.

  • Javier Estévez Martínez           Citroen C2 GT
  • Rubén Álvarez Rodríguez         Peugeot 206 XS
  • José Angel Estévez Alonso       Renault Clio 1.8 16V


Ademáis tamén teremos un participante no 1 Slalom Vila de Neda que será:


  • Ivan Lareu González                    Opel Corsa GT

Para todos eles os nosos mellores dexesos.



________________________________________________________




Rally de Portugal 2015

Este ano o Rally de Portugal pasa de novo a disputarse no Norte de Portugal. 

O centro da proba será en Matosinhos (Exponor), o shakedown celebraráse en Parede e tamén irán a dar unha pasada polo circuito de karting de Baltar.


Estes serán os treitos da edición 2015 do Rally de Portugal:

A ceremonia de saída será o día 21 en Guimarães incluindo unha superespecial no  circuito de ralicross de Lousada.

O día 22 virán cara o norte para dar dúas pasadas os treitos  de Ponte de Lima (27,45 km) , Caminha (18,05 km) e Viana do Castelo (18,790 km).

O día 23 disputarán dúas pasadas polos treitos de Baião (18,57 km), Marão (27,64 km) e Amarante (37,67 km).

O Domingo 24 de maio faran unha pasada polo treito de Fafe (11,15 km), logo o treito mais longo da proba, Vieira do Minho con 32,35 km, e voltarán de novo a Fafe para facer unha segunda pasada que será o Power Stage.

E unha ledicia ter de novo o WRC perto de nosas fronteiras.

Mais Información en http://www.rallydeportugal.pt/


A Escudería Surco calenda dúas probas para o vindeiro ano 2015

Coma todos los anos, a Escudería Surco ven de calendar as súas probas para o vindeiro ano 2015, e faino nas datas de costumbre.

O XII Rallye Sur do Condado celebrarase os días 11 e 12 de Xullo.

O IX Rallie Moucho do Condado será o 14 de Novembro.